Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Paraugas de cores en Cee con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Concentraranse na Praza 8 de Marzo membros dos colectivos Aspadex, Apem, Íntegro, Fegerec e Afafes

    A Praza 8 de Marzo de Cee acollerá hoxe, ás 12.00 horas, unha concentración na que participarán membros das asociacións Aspadex, Apem, Íntegro, Fegerec e Afafes para representar con paraugas de cores unha sociedade plural e diversa que acolle a todos por igual. O acto, que se celebra coincidindo co Día Internacional das Persoas con Discapacidade, complementarase coa lectura dun manifesto que, de forma simultánea, se dará a coñecer nas catro provincias galegas.

    Á concentración están convidadas tamén todas as persoas que desexen solidarizarse coa causa. Terán que levar un paraugas que simbolice a unión do colectivo das persoas con discapacidade, que teñen unhas reivindicacións e necesidades comúns.


    FESTIVAL SOLIDARIO. E o vindeiro sábado, día 7, celebrarase o I Festival Solidario contra o Cancro na casa da cultura de Cee.

    Organizado pola agrupación local da Asociación Española contra o Cancro, coa colaboración do Concello, o acto contará coas actuacións musicais e folclóricas de Airiños de Brens, a charanga Os Nosos, o grupo de Gaitas de Mazaricos, Mestura Folk, Gaiteiros de Buxantes, Álex Castro e o dúo Alberto e Alexandra.

    A cita é ás 20.00 horas no Auditoiro Baldomero Cores, e quenes desexen gozar dunha noite musical e, ao mesmo tempo, colaborar cunha boa causa, deberán pagar unha entrada de 5 euros, que inclúe ademais un número para participar nun sorteo. Os menores de doce anos poderán acceder gratuitamente, segundo informan os organizadores.

    02 dic 2019 / 21:18
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito