Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 15 mayo 2022
14:41
h

Partido de fútbol mixto

Juan Carlos Onetti promoveu desde 1960, como responsable da Dirección de Bibliotecas da comuna de Montevideo, o Concurso Literario Municipal, creado para promocionar a produción literaria nacional. Este prestixioso galardón merecérono destacados escritores uruguaios e, en 2011, a División Artes e Ciencias decidiu renovalo e renomealo Concurso Literario Juan Carlos Onetti de la Intendencia de Montevideo. A edición de 2014 incluíu, por vez primeira, as categorías Historieta e Narrativa Infantil y Juvenil, que abrangue novela e conto e mereceu María Noel Toledo.

O relato infantil O enigma de Mona Lisa (Galaxia, 2016) viu a luz en galego, antes de editarse en Uruguai, verquido por Iolanda Veloso Ríos. A odontóloga, ilustradora, escritora, artista plástica e escenógrafa María Noel Toledo é a “ilustrautora”, como lle gusta denominarse, desta historia coral, baseada na vida cotiá, pero chea de referentes culturais que Mariel, a nena narradora protagonista e, ás veces, omnisciente, vai aprendendo no evoluír da trama. A familia de Mariel interésase pola Arte e pola Literatura e motívaa a actuar con liberdade. A casa da súa avoa contén “obxectos estraños e antigos” que espertan a súa imaxinación xa que non se amosan como tesouros nos museos, senón que os usan todos os días, sobre todo os gardados no faiado, onde atopa o vestiario para a representación teatral que ensaian na escola. A avoa anímaa a fabular e, da súa man, comeza a coñecer a fascinante vida do Tío Safari e atopa unha tarxeta, xunto a cartas de amor do avó, onde nomea a Mona Lisa. A trama céntrase nas pescudas da curiosa nena para destapar a vinculación entre Mona Lisa e os seus avós. Mona Lisa simboliza a exteriorización dun segredo, sen medo á reacción dos demais. Isto posibilita a Mariel vivir un proceso de crecemento persoal que lle permite separar os tópicos das series televisivas, caso de “As vidas de Beverley”, da que tanto gustan as súas amigas e ela mesma, da realidade cotiá, marcada polo machismo e a infravaloración do Outro. O enigma de Mona Lisa reflicte o proceso de madureza de Mariel: aprende que a biblioteca contén “o coñecemento do mundo”; todos os compañeiros de aula son necesarios porque posúen habilidades distintas que enriquecen o grupo; o diálogo respectuoso, a confianza mutua e unha estratexia conxunta derruban os prexuízos asentados; e cómpre mirar o Outro cunha nova ollada.
margramanet2004@yahoo.es

22 may 2017 / 09:41
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito