Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 22 septiembre 2021
02:21
h

Paz Andrade ve en Castelao e o seu pai os referentes do futuro

O empresario vigués considera ambas figuras fundamentais para reclamar aos partidos "unha maior cohesión en canto a intereses e necesidades comúns"

O empresario vigués Alfonso Paz Andrade reivindicou a figura do seu pai Valentín, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas, e doutros ilustres galeguistas como Castelao como "punto de partida" para a construción "do novo futuro de todos os galegos", e para reclamar "a todos os partidos políticos" unha "maior cohesión en canto a intereses e necesidades comúns".

"O noso futuro ten que estar cohesionado co noso pasado", sinalou nunha entrevista a RNE recollida por Europa Press, na que recordou que aínda están pendentes "un montón de elementos lexislativos imprescindibles", como é o caso do Estatuto.

"Segue habendo fallos, séguennos mentindo co AVE. Pero Galicia mudou en moitas cousas", afirmou, para insistir en que a loita "debe continuar" e que quedan "ausencias" económicas e culturais no desenvolvemento do sistema autonómico, da evolución da cal o seu pai estaría "satisfeito" pero con "moito camiño por andar".

 

Más información en El Correo Gallego y en Orbyt

29 abr 2012 / 20:57
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito