Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 02 junio 2020
18:53
h

Peleteiro e Tono Campos, elexidos mellores deportistas galegos do 2018

A Xunta recoñecerá o día 28 en Lalín a 22 galardoados nun total de 18 categorías

Santiago. A Secretaría Xeral para o Deporte fixo pública a lista dos galardoados cos Premios Deporte Galego do ano 2018 que se entregarán o vindeiro día 28 de novembro no Auditorio Municipal de Lalín. Estes galardóns recoñecen os méritos deportivos do ano 2018, e distinguen nesta ocasión a 22 premiados nas 18 categorías.

Entre os premiados destaca a ribeirense Ana Peleteiro, que será galardoada como a mellor deportista feminina, mentres que o mellor entre os homes foi o padexeiro Tono Campos. Susana Rodríguez Gacio (triatlón) e Desirée Vila Bargiela (atletismo) recibirán ex aequo o premio a mellor deportista feminina con discapacidade, galardón que recollerá o atleta Francisco Pérez Carrera na súa modalidade masculina. Pescado Rubén FS Burela (fútbol sala) e Atlético Guardés (balonmán) serán distinguidos ex aequo como o mellor equipo feminino; Martin Wizner e Pedro Ameneiro (vela), como o mellor masculino.

Haberá espazo tamén para recoñecer á Fundación Celta Integra, como o mellor equipo de deportisas con discapacidade, así como ao Club Balomán Lalín pola súa promoción do deporte de base.

Xulio Conde (BTT) foi elexido como o mellor técnico; Zulema González, a mellor árbitra. O Mundial Cadete de Xadrez, celebrado en Santiago, foi o mellor evento deportivo.

Estrella Galicia será distinguida polo seu labor de patrocinio, Martín Liste levará o premio ao xogo limpo, e Malena Mieres, Teresa Abelleira e Nuria Rábano Blanco (fútbol), como deportistas revelación.

09 nov 2019 / 00:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito