Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O PEN outórgalle o ‘Voz de Liberdade’ a García-Bodaño

O escritor vigués é recoñecido pola defensa que fai da liberdade de expresión e de opinión

Con sorpresa e "coa satifacción de que hai xente que te coñece e apreza o que fas" recibiu onte o poeta Salvador García-Bodaño (Teis, Vigo, 1935) o premio Voz de Liberdade, que outorga o Centro PEN de Galicia a un escritor ou escritora do ámbito galego que se destacara na defensa da liberdade de expresión e de opinión. O nome do autor súmase á listaxe desta galardón bianual, que empezou a outorgarse en 2003 e que xa recoñeceu a Bernardino Graña, Ursula Heinze, Fernández del Riego e Díaz Pardo, Marcos Valcárcel e María Xosé Queizán. O xurado desta sexta edición, presidido por Luís González Tosar e Xabier Castro, e con Miro Villar, Marilar Aleixandre, Bieito Iglesias, Manuel Guede e Inma López Silva como vogais, fixo especial fincapé "no compromiso do autor, destacando a súa firme loita pola democracia e polos dereitos políticos, sociais e culturais do noso país". Segundo a acta do xurado, "boa proba da súa circia defensa dos dereitos de expresión e de opinión é o labor xornalístico que García-Bodaño vén desenvolvendo desde a súa sección dominical No pasar dos días, nas páxinas de EL CORREO GALLEGO".

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

31 may 2013 / 20:20
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito