Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

PEPO SUEVOS ACTUARÁ NA CASA DA CULTURA NA XIRA DO SEU VINTE ANIVERSARIO

O humorista estará acompañado polo televisivo Isi no espectáculo “A xira dos anos 20” // Terá lugar o sábado 1 de febreiro e as entradas teñen un prezo de 7 euros

    O humorista Pepo Suevos actuará na Casa da Cultura de Valga o próximo 1 de febreiro dentro da xira de conmemoración do seu vinte aniversario no mundo do espectáculo, “A xira dos 20 anos”.

    Para celebrar estas dúas décadas de carreira, o actor e monologuista realizará vinte actuacións seguidas en diferentes lugares de Galicia durante o mes de febreiro, acompañado en cada unha delas por algúns dos compañeiros que coñeceu durante a súa traxectoria. Na cita de Valga compartirá escenario con outro coñecido humorista galego, o televisivo Isi.

    A función está programada para as 20:30 horas e o prezo das entradas é de 7 euros.

    A actividade é organizada polos concesionarios da cafetería da Casa da Cultura.

    19 ene 2020 / 12:52
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito