Persoal de Misela, Adisbismur, Integro e Amari especialízase en terapia na auga
Os colectivos de Cogami participan nunha xornada de psicomotricidade e monitoraxe acuático
Noia. Profesionais de colectivos como Misela de Noia, Integro de Costa da Morte, Amarai de Arzúa e Adisbismur de Muros participan nunha xornada de Monitoraxe e Psicomotricidade en Entorno Acuático que se imparte nas instalacións de Awasan en Santiago. A iniciativa ten como finalidade atender todas as necesidades das persoas usuarias da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami).
Un total de 18 persoas, todas elas monitoras e acompañantes de persoas con discapacidade en actividades acuáticas, son formadas por unha fisioterapeuta, un licenciado na actividade física e do deporte e un especialista en actividades acuáticas e terapéuticas de Awasan.
Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt
17 jun 2017 / 19:38
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito