Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Pichel asiste a un taller de rap no Concello lousamiá

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, e a concelleira de Servizos Sociais de Lousame, Silvia Agrafojo, visitaron aos rapaces e rapazas do Campamentos de Verán, que incluíron un obradoiro de rap impartido por Vella Escola enmarcado no proxecto de iniciativas presentado polo Concello lousamiá. "Estivemos vendo o que poden aprender os rapaces e rapazas con este tipo de iniciativas, que son moi enriquecedoras para eles dende o punto de vista da creatividade e a innovación", destacou Pichel. Esta actividade forma parte do proxecto Mocidade en movemento apoiada pola Xunta a través da liña de axudas destinadas ás entidades locais para a posta en marcha de iniciativas dirixidas á xuventude.

16 jul 2019 / 22:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito