Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Piden abordar a situación das traballadoras de axuda no fogar de Touro

    Touro. A Marea Veciñal de Touro vén de solicitar un pleno extraordinario para abordar a situación "de precariedade" que sofren as traballadoras de axuda no fogar. Segundo explican as 21 mulleres cobran 5,79 euros á hora "ós que lle hai que descontar os gastos da seguridade social", asegura dende a oposición.

    Dende o partido explican que "a situación das traballadoras é límite" dado que a maior parte están contratadas a tempo parcial, e os seus soldos non chegan aos 500 euros", engaden. Ademais din que os tempos de desprazamento "non están recoñecidos, e polo tanto, non son remunerados". Por todo isto piden que se celebre un pleno extraordinario para levar unha moción "para mellorar as condicións das traballadoras".

    Proporán estudar a remunicipalización deste servizo, establecer criterios sociais nos pregos do concurso e unha mesa de traballo con representantes das mesmas, políticos e sindicatos.

    14 ene 2020 / 20:55
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito