Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Piden un plan de dinamización do comercio para este Nadal

    A portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín, reclamoulle ao Goberno de Sánchez Bugallo a posta en marcha do acordo plenario para realizar unha campaña de Nadal en colaboración co pequeno comercio, con actividades de conciliación no Ensanche e cidade histórica; facilidades de aparcadoiro, a edición dun folleto divulgativo e actividades de dinamización. "O mes de decembro é un mes por excelencia para o pequeno comercio e o Concello debe implicarse de maneira especial", explicou, pois sen el Santiago de Compostela perde parte da súa identidade, "xa que dá cohesión, dinamismo e que fai que a cidade estea viva".

    Lembrou que unha das propostas do BNG é incrementar a asignación do Consorcio para crear un viveiro de pequeno comercio na cidade histórica, para mercar e rehabilitar locais "para que a xente poida, durante un período de tempo, iniciar negocios que non fosen vinculados ao turismo para que haxa esa diversidade necesaria do comercio na zona". Iso significa convencer a Xunta e o Estado de que dupliquen os seus orzamentos para o Consorcio, sinalou. No mes de outubro aprobouse, por unanimidade, unha proposición do BNG para realizar un plan para impulsar o comercio de proximidade compostelán, que foi consensuada co sector comercial para facer con carácter plurianual e para comezar nestas datas de Nadal. Tratábase de facer un folleto cun catálogo de produtos especializados e singulares que ten o pequeno comercio para distribuír entre a veciñanza, como fixo o BNG cando levou a área de Promoción Económica, acompañado de premios a produtos con actividades de animación e socioculturais para converter Santiago na capital das compras. Iso tería que ir acompañado de servizos de conciliación.

    02 dic 2019 / 22:57
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito