Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
elos de lectura

Pinto&Chinto e ‘Nicomedes’

Kalandraka Editora segue a aposta de desafío dos límites do álbum lúdico con propostas orixinais e sorprendentes

    Cunha obra recoñecida na área da ilustración e da creación de álbums, Pinto&Chinto, nome literario adoptado polo dúo de creadores David Pintor (A Coruña, 1975) e Carlos Nuñez (A Coruña, 1968), ofrecen de novo unha obra Nicomedes, o Pelado (Kalandraka, col. "Maremar", 2013) coa que dan mostra da crecente orixinalidade que caracteriza o seu traballo, explorando as dimensións humorísticas que resultan dunha mirada diferente sobre a realidade, promovendo o riso, polo insólito da perspectiva adoptada, e tamén pola reflexión.

    O punto de partida deste álbum reside nun feito absolutamente banal: Nicomedes, a pesar de ter unha boa cabeleira, ben visible na cuberta do álbum, así como vai pasando o tempo, perde todo o seu cabelo. Non conforme coa súa nova aparencia calva, procura, ao longo das páxinas, solucións cada vez máis orixinais para o seu problema, substituíndo o cabelo por "un anaco de céspede, serpentinas, unha madeixa de la e espaguetes". Nesta sucesión está ben presente a crecente inventiva das propostas, próximas ao absurdo e ao nonsense, desafiando, pola sorpresa e as expectativas do lectorado.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    05 mar 2014 / 20:17
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito