Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Pintores e escultores na mostra "Diversidade galega" no polígono do Tambre

    A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugura mañá a exposición colectiva de pintura e escultura Diversidade galega, na que nove escultores e vinte e dous pintores encherán o Centro Empresarial do Tambre coas súas propostas artísticas. O acto celebrarase ás 20.00 horas.

    Os vintedorus pintores que exporán as súas obras son: Antón Goyanes, Quintana Martelo, Morquecho, Xulio Maside, Xoan Pardiñas, Rafael Masià, Vicente Prego, Nietto, Chuca, Suly, Antonio Abad, Cinta, Xose Luis Otero, Xavier Magallaes, Pablo Galego, Maria Casal Loureiro, Ehlaba, Carmen Sanzsoto, Carmen Prado, Lomarti, Sexus Vazquez e Tino Cuesta.

    Os nove escultores que exhibirán as súas pezas son: Ramon Conde, Tino Canicoba, Cesar Lombera, Francisco Pazos, Alfonso Rivero de Aguilar, Antonio Souto, Suso León, Camilo Seira e Nando Pereiro.

    25 nov 2019 / 22:05
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito