Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
elos de lectura

Poesía para saír do carreiro

Marilar Aleixandre asina ‘Ovella descarreirada’, un convite para abandonar o camiño agardado da man da poesía actual

A escrita para a infancia e a mocidade de Marilar Aleixandre (Madrid, 1947) ten o signo da agudeza, a ironía e o respecto por ofrecer ao lector novo a mellor das literaturas. É esta unha cuestión particularmente importante cando se trata de poesía para nenos e mozos, xénero particularmente danado polas fórmulas caducas e a desatención do mediador adulto e da edición contemporánea.

Así, este conxunto de poemas, que vén de editar Xerais, son un acontecemento a celebrar, ademais de por si mesmos, tamén polo coidado do formato editorial e pola feliz confluencia do texto cun traballo de ilustración altamente suxestivo de Óscar Villán.

Dividido en tres partes, de once poemas cada unha, Ovella descarreirada acolle un feixe variado de animais e temáticas complexas que encaixan unhas noutras para dar forma a unha especie de cosmovisión. Cada un dos animais protagonistas négase a tomar o camiño previsible ou agardado.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

10 feb 2015 / 20:14
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito