Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Poesía urbana e subversiva

'Cidades', un clásico contemporáneo da Literatura Infantil e Xuvenil de Fran Alonso que vén de ser reeditado en Xerais

    ELOS DE LECTURA

    A escrita de Fran Alonso (Vigo, 1963) ten a marca da mellor literatura para a infancia e a mocidade, esa que considera o lectorado a quen se dirixe un suxeito intelixente e capaz de valorar a innovación, o risco e o subversivo; a que se escribe poñendo a énfase en facer, en definitiva, boa Literatura -con maiúsculas- e afastándose de todos cantos clixés existen.

    Mostra disto é o seu poemario Cidades, editado na colección "Merlín" de Xerais de Galicia no ano 1997, que vén de ser reeditado en "Sopa de Libros" da mesma casa editorial. Así, segue a ser un texto de enorme novidade dentro da poesía que agora se escribe para este lectorado: un poemario que afonda no urbano, que se serve do verso libre e dos recursos da poesía actual e ao que hai que engadir outras achegas ben interesantes do escritor e editor vigués neste ámbito, como o diferente e divertido O meu gato é un poeta (publicado pola editorial Xerais no ano 2011), recensionado nesta sección.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    25 jun 2013 / 21:17
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito