Entrevista con Diana Varela
Poeta desde o mar, poeta desde o fin da terra.
É nova, pero aparece como unha das máis firmes promesas da literatura galega. Diana Varela Puñal, nacida en Corme, é unha deses poetas que chegan desde a Costa da Morte á a gran cidade, A Coruña, pero que traen con elas a forza dunha nova escrita, dunha nova linguaxe, unha impresionante renovación da nosa literatura. Nesta entrevista, cálida e intimista, de Diana Varela con José Miguel Giráldez, para o programa cultural El sábado libro, fálase de como esta muller se construíu a si mesma como poeta. De cales son os seus territorios, os seus grandes temas, os seus pequenos e tenros artefactos, os seus xoguetes literarios, os seus arrecendos de terra e mar. E fálase de cousas moi serias: da desposesión, das perdas que arden, como di o mestre Gamoneda. Fala Diana Varela, columnista desta casa, dos seus libros anteriores, Animal Abismo e Fíos, ambos en Espiral Maior, e deste último, As trovas de Midas, un poemario infantil que acaba de aparecer en Galebooks edicións, unha empresa da Universidade da Coruña. E fala, por suposto, da súa vida, entón, alá, na costa verdescente, e agora, nos días azuis da Coruña.
12 mar 2012 / 10:13
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito