Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
FLASH

Pornografía e relacións interpersonais

    AMELIA Tiganus non é profesora nin investigadora. Cando fala da trata e a prostitución faino dende dentro, logo de ser empurrada a esta por distintas cidades españolas con tan só dezasete anos. Cinco anos despois conseguiu escapar e agora pelexa para evitar que o que lle pasou a ela lle suceda a outras.

    A forza que leva dentro non foi quen de tombala e se converteu en activista. En Galicia concedeu entrevistas a varios xornais e participou nalgún obradoiro dirixido aos novos.

    Que un neno teña acceso á pornografía e a vexa -din- é unha aberración. É un auténtico sistema de destrución e deshumanización das persoas; non só das mulleres, senón tamén dos homes, aos que priva de calidades humanas.

    Citando o estudo Nova pornografía e cambios nas relacións interpersonais da Universitat das Illes Balears, sinala que a maioría consumen pornografía dende os oito anos. Poténciase a misoxinia, a violencia e a cosificación da muller, e iso conduce ao des- encontro entre homes e mulleres e á degradación da muller.

    Neste estudo sinálase o feito de que o acceso á pornografía na idade temperá se debe simplemente a que os menores teñen un móbil e a que, aínda que non a busquen, xa encontran.

    Escandalizámonos ao ver casos como os das manadas -afirma Amelia-, cando o vídeo dunha violación en grupo é un dos máis vistos. A raíz de todo isto e a prostitución está na pornografía: esta é a teoría e o outro, moitas veces, a práctica.

    No 2019 as plataformas de por- nografía recibiron máis visitas que Netflix, Amazón, Twiter e Youtube xuntos.

    Jorge Gutiérrez, fundador de Dale una Vuelta, sinala como o traballo Porno, Trata e Educación, que analiza 22 estudos publicados entre 1974 e 2014 sobre o tema, concluíu que o consumo de pornografía asociase a unha maior probabilidade de cometer actos de agresión sexual verbal ou física, independentemente da idade. Nestes casos se soe confundir prostitución con pornografía, aínda que podería dicirse que esta última é a pedagoxía daquela.

    Se a pornografía ten estes efectos (nos menores, na cosificación da muller...), por que non se modifica a lexislación para asfixiala?

    Técnico da Seguridade Social

    14 feb 2020 / 21:07
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito