Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Portas que dan a outras portas, no Museo do Pobo

Bonaval acolle un proxecto expositivo de Ehlaba e Riobó, que aborda o patrimonio cultural galego e a súa pervivencia

O Rial é unha pequena aldea de Maceda, Ourense, pero podería ben ser calquera outra aldea galega, cercada polo abandono e polo envellecemento dos seus poboadores. É no Rial, porén, onde naceu o proxecto expositivo de Ehlaba e Riobó Prada, que onte se inaugurou no Museo do Pobo Galego coa presenza dos seus autores, a artista plástica Ehlaba Carballo de Dios e o xornalista e licenciado en Historia da Arte Antón Fernández Escudero –Riobó Prada na súa dedicación ao fotoxornalismo–.

A mostra, que fai dialogar fotografías e pinturas das portas desa aldea ourensá, é, en palabras de Riobó Prada, "unha homenaxe ao rural galego, á nosa propia identidade" e unha tentativa de retratar "o aspecto artístico da nosa cultura tradicional". Os pechos de ferro que singularizan estas imaxes foron roubados e por iso lenzos e fotografías son, á vez, documento e tributo a ese legado.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

21 ene 2016 / 22:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito