Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Porto do Son amplía a rede de saneamento no sur do concello

Vázquez entregoulle onte a Oujo as obras acometidas en Xuño e en Caamaño, as cales darán servizo a máis de mil veciños // Na reunión tamén abordaron as solucións para cubrir as parroquias de San Pedro e Queiruga.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, r­euniuse onte co alcalde de Porto do Son, Luis Oujo Pouso, para facer entrega das obras de saneamento de Caamaño e de mellora e ampliación da depuradora de Xuño, cun investimento autonómico de máis de 450.000 euros. Unhas actuacións que darán servizo a máis de mil habitantes, aos cales a representante do Goberno galego convidou a que pouco a pouco "se conecten e mellorar conxuntamente a calidade das augas", comentou.

A Xunta, no marco dun convenio de colaboración co municipio, acometeu a instalación de máis de 1.000 metros de colector e outros 300 máis para un novo bombeo, co que poder impulsar as augas ata o punto máis elevado do núcleo de Caamaño. Por outra banda, tamén se levaron a cabo a mellora e ampliación do edificio da EDAR para que teña un adecuado funcionamento, actuando na liña de augas e na de fangos, e coas instalacións necesarias para que os veciños de ambas parroquias sonenses poidan conectarse á rede de saneamento con todas as garantías.

O rexedor confirmou que a planta "xa está en funcionamento" e que agora atópanse traballando nas conexións. "É unha depuradora que está bastante dimensionada e o que nos din os técnicos é que lle fai falta caudal, entón ten que alcanzar uns niveis para que estea a pleno funcionamento. Tan pronto os colectores estean listos, incluso por necesidade da propia instalación, xa autorizamos a conexión", avanzou Luis Oujo.

Na xuntanza a conselleira e o mandatario local tamén trataron as obras que se realizarán na EDAR do Concello de Porto do Son, que explota Augas de Galicia. Estes traballos, que veñen de ser adxudicados á empresa Construcciones Taboada y Ramos S.L. e contan cun investimento superior aos 25.000 euros, centraranse na mellora dos sistemas de xestión telemática no control do efluente da estación.

Ademais, outro dos temas que abordaron no encontro foi a solución definitiva para dotar de saneamento aos lugares de Queiruga e San Pedro, que pasa pola construción dunha nova depuradora nas inmediacións do río Maior, completando así as actuacións en infraestruturas da vertente costeira do sur deste municipio de Área.

Polo que respecta á parroquia de San Pedro, o alcalde sonense destacou que como a planta de Xuño podería dar servizo a máis poboación, "estamos estudando xunto con Augas de Galicia o saneamento neste punto" porque incluso poderían conducilo ata a citada depuradora. "Deste xeito o único que nos faría falta, polo que din os técnicos, son dous puntos de bombeo e mesmo sería moi bo porque lle entraría máis caudal á instalación", engadiu Oujo.

{ BLANCO O NEGRO }

Cumplir lo prometido

POLÍTICO, dícese de la persona que interviene en las cosas de gobierno. Aquella que sabe gestionar, priorizar y que trabaja a destajo para cumplir todas sus promesas y cubrir las necesidades y servicios básicos de los ciudadanos. Y aunque parezca mentira, pues los fracasos de otros pesan más que las victorias, todavía quedan de esos. Centrándonos en el individuo que ejerce como tal, este debe tener talento y ser apasionado, eficiente, decidido pero también prudente, dialogante... ¿Y saben por qué? Porque son disposiciones que les llevarán a conseguir éxitos, a que sus proyectos sean reconocidos y, lo más importante, a cumplir lo prometido.

O PROTAGONISTA

Luis Oujo

Alcalde de Porto do Son

"TEMOS O 80 % DO TERRITORIO SANEADO"

Luis Oujolembrou que nestes momentos "temos sobre un 80% do que é o territorio de Porto do Son saneado", a falta das parroquias de San Pedro e Queiruga. Con respecto a esta última, sinalou que "levamos bastante avanzado e ademais hai un convenio firmado". O rexedor aproveitou a xuntanza para reafirmar "o compromiso que adquirimos cos veciños e veciñas de ambos lugares é que nesta lexislatura íamos a telas en funcionamento". Segundo comentou, "despois faltan pequenos núcleos e casas, que ben co Plan de Obras da Diputación ou con fondos do Concello imos cubrindo". Para a Corporación municipal o saneamento "é un servizo básico moi importante porque Porto do Son vive de dous pilares fundamentais, o turismo e o marisqueo". "O ano pasado nos case 30 km que temos de costa o 100 % das augas tiñan unha calidade excelente", apuntou.

02 oct 2019 / 21:19
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito