Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Porto do Son oferta un curso de manipulación de alimentos

Terá lugar o 27 de febreiro nas instalacións do viveiro de empresas sonense en horario de 16.00 a 20.00

    Porto do Son. O Concello de Porto do Son organiza unha nova edición do curso de Hixiene Alimentaria e Manipulación de Alimentos, que vai ter lugar o vindeiro xoves día 27 de febreiro, de 16.00 a 20.00 horas, nas aulas do viveiro de empresas sonense.

    Na sesión abordaranse as seguintes cuestións: seguridade e hixiene alimentaria; obrigacións e prohibicións na manipulación de alimentos; alteración e contaminación; enfermidades transmitidas por alimentos; conservación dos mesmos; ou boas prácticas de hixiene e fabricación.

    Segundo sinalaron dende o departamento de Emprego, dirixido por Manel Deán, "o carné de manipulación de alimentos é un documento imprescindible en ocupacións como a hostalería, a restauración colectiva, o comercio de alimentación ou a industria conserveira; ocupacións moi demandadas polos veciños e veciñas de Porto do Son".

    Para poder participar nesta acción formativa, as persoas interesadas deben presentar a súa solicitude no Servizo de Orientación Laboral do Concello, xunto cunha fotocopia do DNI, entre os días 17 e 20 deste mes en horario de 09.00 a 14.00 horas. As prazas, que son limitadas, asignaranse por sorteo público.


    XORNADA No Concello de Outes, fixaron para o vindeiro 22 de febreiro unha xornada divulgativa sobre a xestión forestal multifuncional A actividade Resineira. Terá lugar na casa da cultura da localidade dende as 11.30 ata as 13.30 horas, e correrá a cargo de Érika Martínez Carreira (enxeñeira de montes) e Francisco José Domínguez Cerviño (resineiro profesional). Os interesados poden informarse chamando ao teléfono 981 850 003.

    14 feb 2020 / 20:43
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito