Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Portos de Galicia remata as obras de pavimentación no ecoparking noiés

Esta zona conta con oitenta aparcadoiros que se sumarán a outros 150 en Labarta

Noia. O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, realizou onte unha visita ao renovado vial de acceso ao ecoparking de Noia. O titular do ente autonómico estivo acompañado polo alcalde de Noia, Santiago Freire, e polos concelleiros de Obras, Martín Fernández; de Seguridade Viaria, Julio Bustelo, e de Economía, Laura Salgado.

Esta actuación comprendeu un investimento de preto de 50.000 € por parte da entidade portuaria e supón "unha importante mellora na zona de rodadura do ecoparking, xa que se atopaba moi deteriorada. Ademais, o proxecto tamén garantiu a integración paisaxística desta senda cunha aplicación de formigón en tons verdes", dixo Freire.

Pola súa banda, José Juan Durán lembrou que a reposición do vial forma parte "dunha serie de actuacións para mellorar non só o tráfico senón tamén para ampliar as prazas de aparcamento na zona, e que se atopan planificadas".

A este área, que conta con 80 zonas de estacionamento, "engadiremos outras 150 a través da vindeira intervención que Portos de Galicia realizará na zona de Labarta e que se sumarán ás xa existentes, ofrecendo unha superficie de aparcamento de arredor de 15.000 m2", añadió el regidor noiés, quien avanzó que "contaremos con espazos para 350 vehículos".

05 jul 2019 / 21:16
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito