Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Portos de Galicia e Valga avanzan na tramitación do proxecto de creación dun embarcadoiro no río Ulla

Susana Lenguas e José María Bello mantiveron onte un encontro no Concello

A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas Gil, realizou onte unha visita ao Concello de Valga para avanzar na tramitación do proxecto de creación dun embarcadoiro no río Ulla para embarcacións turísticas e de recreo. Lenguas reuniuse co alcalde, José María Bello Maneiro, para concretar os detalles do convenio entre o Concello e a Xunta. Na xuntanza estiveron presentes varios concelleiros e técnicos e visitaron Campaña para comprobar o lugar no que se executará esta actuación, unha zona na que antano existiu un pequeno porto de carga e descarga vencellado á actividade industrial da antiga fábrica Novo y Sierra.

A obra consistirá na rehabilitación da pequena estrutura portuaria co fin de permitir o atraque aos catamaráns e embarcacións turísticas que operan na Ría de Arousa e no Ulla e atraer, así, un fluxo de visitantes ao municipio.

Acondicionarase a zona de ribeira con pavimento e instalarase un pantalán de 42 metros de longo con pavimento de madeira e varanda de aceiro inoxidable. Ao final da pasarela colocarase unha plataforma flotante de 24 metros de longo por 3 de ancho, que será a que permita o atraque dos catamaráns.

Portos licitará e financiará o embarcadoiro, que aparece recollido nos orzamentos da Xunta para 2020 cunha partida de 275.000 euros. O alcalde lembra que o Concello "leva tres anos de trámites para sacar adiante este proxecto".

24 oct 2019 / 20:32
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito