Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 11 agosto 2020
09:03
h

Portos e Noia asinaron un convenio para as melloras na explanada de Labarta

Segundo este acordo, a entidade galega acometerá as obras de pavimentación e o Concello asumirá o mantemento posterior

O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, e o alcalde de Noia, Santiago Freire, asinaron onte na casa consistorial noiesa un protocolo de colaboración entre ambas administracións para a execución das obras de mellora e pavimentación da explanada portuaria da localidade. O obxecto deste acordo é regular as competencias para a actuación que se desenvolverá nunha extensión de aproximadamente 7.500 metros cadrados na zona de Labarta.

Segundo este convenio de colaboración, a entidade autonómica acometerá os traballos de pavimentación da explanada do porto e o Concello asumirá o custo da súa conservación e mantemento posterior. O acordo entra en vigor a partir de hoxe e terá unha vixencia de dous anos para a execución das obras, que se estima que poidan realizarse nos vindeiros meses.

Deste xeito "dáse resposta a unha demanda de liberar estacionamento e, ademais, contarase cunha zona de asentamento mellor acondicionada para os postos das festas ou calquera outra actividade que requira dun espazo amplo", sinalou Santiago Freire.

21 may 2019 / 00:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito