Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Portos valorou en Noia as necesidades dos peiraos de Testal e O Freixo

Solicitan melloras nos pantaláns e queren gañar espazo para dúas clasificadoras

Noia. O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, mantivo unha reunión de traballo onte co patrón maior de Noia, Santiago Cruz, para avaliar as necesidades que presentan actualmente os dous peiraos nos que o colectivo ten actividade: Testal e O Freixo. Na xuntanza estiveron presentes tamén o alcalde de Noia, Santiago Freire, e a rexedora de Outes, Beatriz Molinos, os municipios que acollen, respectivamente, ambos portos.

O dirixente do pósito noiés sinalou ao titular do organismo portuario que "os pantaláns das embarcacións do marisqueo de ambos lados presentan táboas rotas, o que supón un perigo. Ademais, na lonxa de O Freixo queremos gañar espazo para poñer dúas máquinas clasificadoras de ameixa para evitar colas e coordinar as poxas".

Portos de Galicia realiza de xeito permanente tarefas de control e vixilancia das instalacións a través do persoal propio e da empresa contratada.

11 mar 2019 / 22:32
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito