Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 13 abril 2021
09:14
h

Portosín honra á Virxe do Carme xunto a Quintana

    PORTO DO SON A localidade mariñeira de Portosín, en Porto do Son, celebrou onte a festividade da sua patrona, a Virxe do Carme, con asistencia da conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana; do alcalde, Luis Oujo, e autoridades marítimas. E, como vén sendo habitual, o momento central chegou coa procesión vespertina pola ría -este ano portou a imaxe a embarcación Orión- e a ofrenda no mar. Así, onte foi día grande da Festa do Carme de Portosín, que incluíu pola mañá unha misa no peirao e, xa pola tarde, a citada procesión, todo nun día no que o tempo acompañou con sol e calor. Xa pola noite, quenda para a música, coa orquestra París de Noia e a Agrupación M. Candela. Por outra banda, o secretario xeral do Mar, Juan Maneiro, acudiu á festa da Pobra.

    17 ago 2014 / 20:26
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito