OBRAS
Praza de Galicia: cambios nos taxis e paradas de bus
Ata o venres 17 realizaranse obras na rede de subministración de gas na praza de Galicia. Os traballos ocuparán a esquina da praza, no cruce coa rúa de Montero Ríos, onde se atopan dúas prazas de taxi e tamén parte da parada do bus urbano, quedando este espazo reducido á metade da súa lonxitude. Os carrís de circulación non se verán afectados polas obras.
14 ene 2020 / 22:11
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito