Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Carmen férnández morante, Decana de CC. Educación da USC e presidenta da Conferencia de Decanos de Educación

"Precisamos estar nun só edificio, agora duplicamos tarefas e gastos"

{ Bilbao, 1971 } Son xa cinco anos os que o seu equipo leva á fronte de CC da Educación, a época máis dura de recortes. Cun orzamento inicial de 44.000 euros, tiveron que esperar catro cursos para montar unha aula de novas tecnoloxías, comprando un pouco cada ano. Agora, máis desafogados, encaran retos non menos importantes

Vén de tomar posesión do seu segundo mandato como decana. Que obxectivos do primeiro conseguiron?

Foron bastantes, porque tocou un momento de estabilización dos plans de estudos de Bolonia que requería sistematizar moitos procedementos que non existían. En primeiro lugar, a renovación das verificacións de todos os títulos, de grao e máster, e dar contas á Aneca para renovar a acreditación. Tivemos que facer a graduación da oferta de prazas de novo ingreso, porque estes títulos teñen unha altísima demanda e nos últimos oito anos previos ao noso mandato sempre, polo que fora, entraban en todos os títulos un número moi importante máis, xerando un problema grandísimo de atención, calidade, infraestruturas... Tivemos que conter a oferta de primeiro porque non tiñamos recursos e para garantizar a calidade e o dereito a docencia do alumnado.

Continúan os problemas de persoal?

Estos axustes implicaron que, aínda que a día de hoxe esteamos resolvendo concursos e tendo dificultades para atender algunhas materias, o problema está nunha dimensión moito menor.

Houbo consecuencias por conter o número de prazas?

Sí, un logro importante. A nota de corte de todos os nosos estudos é a máis alta de Galicia, e das Ciencias Sociais, e creceu sistematicamente. Aínda que as notas de corte non son un elemento exclusivo, é certo que atraer á profesión de educadores aos expedientes máis altos é importante. Pero non garante que sexan os máis válidos porque hai que ponderar outros elementos actitudinais, vocacionais...

Máis logros?

Na investigación, temos once grupos, con produción científica elevadísima pero casi invisible. Porque parece que so é investigación científica a que se fai en áreas experimentais... Aquí temos dúas das redes de excelencia competitivas en investigación de todo o territorio nacional. Proxectos a nivel nacional e internacional, agora coordinaremos un europeo co que traemos un millón de euros... Tamén se fixo moito no tema das liberdades, a igualdade e o respecto á identidade afectivo sexual e de xénero. Comecei o mandato cun problema serio, con expediente disciplinario aberto a un profesor por estes temas, que motivou incluso un escrache neste centro. Tivemos o obxectivo de ser referencia na defensa das liberdades neste eido. E destacaría este centro como un dos que maiores taxas do uso do galego no ensino ten no SUG, en concreto no título de Educación Social.

Vostede sempre cita o problema das infraestruturas...

A integración nun mesmo edificio é urxente porque o do Campus Norte, no que temos 1.300 alumnos, non reúne condicións de seguridade, ten problemas de humidade, temperatura de 14 graos en inverno e case 40 en verano, espazos que non permiten traballar con recursos propios dos centros educativos nen poñer en marcha metodoloxías necesarias... Non puidemos conseguir nin a primeira pedra do edificio integrado, que leva como compromiso da Universidade 25 anos enriba da mesa con proxecto e maqueta pagados, pasando moitos outros centros por diante do noso. Tentamos nós mesmos humanizalo un pouco, pero cunha situación económica que supuxo comezar o primeiro mandato, cun cuarto dos fondos que tiña normalmente o centro, cun presuposto de 44.000 euros para todo o ano e todas as actividades.

Esta situación melloraría...

Claro, foise repoñendo. Estamos mellor, pero non puidemos facer practicamente nada. Todas as modificacións de recursos tecnolóxicos tivemos que facelas gradualmente. Para montar un aula nova, como fixemos, tivemos que esperar catro anos comprando un pouco cada ano.

Sigo destacando, a proyección exterior do centro e dos profesionais. Nestes catro anos os medios de comunicación chamaron á facultade recoñecendo ao profesorado como interlocutor necesario para xerar pensamento en todo o debate candente da educación. E na Estratexia Galega de Economía Circular, pola que aposta a Xunta, esta facultade participou activamente para que se incorporara un eixo educativo.

Cales son os retos de futuro?

O principal, o edificio. É inasumible seguir así, duplica as tarefas, os gastos e os recursos; non permite integración real entre o alumnado do Campus Norte e o do Sur. Somos conscientes de que a situacióna agora non permite facer unha obra faraónica como a que se proxectou, pero xa van dous anos que lle propuxemos ao reitor que dalgunha forma se faga un anexo complementario para que poidamos estar xuntos e integrarnos. Antonio López é consciente e sabe que é unha das infraestruturas prioritarias, pero a universidade soa non pode resolvelo polo que precisamos que a Xunta se implique en dar unha solución. E o tema da revisión de plans de estudos e acceso á profesión docente, pero este non é só noso.

Que demandas destacaría?

Estamos máis desafogados en canto a presuposto e persoal que ao principio, aínda que seguimos necesitando. Teño que dicir que o actual equipo reitoral tapou a sangría, é dicir, é a primeira vez que se repoñen todas as prazas de xubilación con profesorado a tempo completo, porque ata agora todos os anos perdiamos. E estamos falando de áreas en que se perdes un profesor quedan 250 horas sen dar. Agora mesmo temos tres profesores funcionarios da miña área que están dando clases por riba das súa docencia en materias que non imparten habitualmente porque non hai sustituto. Básicamente a situación mellorou, xa non só de cartos senón na actitude e nos criterios, agora mesmo temos claro que esa perda constante se detivo.

Tamén é vostede a presidenta da Conferencia de Decanos de Educación...

Si, a presenza deste centro na conferencia é importante. Para min é un privilexio persoal pero para esta facultade e para a USC tamén, porque fainos estar no epicentro do debate educativo, na reforma da profesión docente.

Cales son os retos comúns de todos os decanos españois?

A revisión e optimización da formación inicial de mestres e profesores, que é de todos os decanos de España. Temos funcionando máis de dez anos uns plans de estudos que conducen a profesións reguladas e que non foi posible axustalos ás novas demandas porque a norma non o permitiu. Neste momento hai un acordo xeral en que a mellora da educación pasa, entre outras cousas, pola mellora da calidade do profesorado que ten que ver coa formación, coa oposición e coas súas condicións profesionais. O reto é que nesta etapa se produza unha mellora e revisión dos plans de estudo e do sistema de acceso á profesión docente.

Parece que só é científica a investigación que se fai en áreas experimentais. Nós temos grupos de referencia casi invisibles

Este é o primeiro ano que se repoñen todas as prazas de xubilación

A nota de corte alta non garante que sexan os máis válidos para docentes, importan elementos vocacionais, actitudinais...

29 sep 2019 / 22:22
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito