Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 11 julio 2020
01:58
h

Preestrea de "Anacos da vida" hoxe en Santa Comba

O programa da TVG Anacos de vida continúa percorrendo diferentes vilas e aldeas de Galicia, recalando en Santa Comba na procura das historias que se agochan detrás das fotografías antigas. E, mentres que os presentadores Aser Álvarez e Alba Prol seguen viaxando ao pasado nun autobús clásico, os veciños de cada vila visitada encargaranse de enchelo con esas imaxes. O destino desta segunda viaxe é a capital do Xallas, vila na que van facer unha preestrea hoxe a partir das 20.30 horas no auditorio do Multiusos. Neste acto estarán os protagonistas do capítulo, que se poderá ver o vindeiro sábado ás 19.00 h., os nenos que participaron no mesmo e os maiores que tamén o fixeron. Por suposto, o evento está aberto a todos.

31 oct 2019 / 00:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito