Premian a arquitectura da Gandareira
A obra do campo de fútbol de Bandeira, no Concello de Silleda, recibiu o premio Panorama de Obras da XI Bienal Iberoamericana de Arquitectura e Turismo, celebrada en Asunción (Paraguay) a semana pasada. As instalacións deportivas da Gandareira, financiadas co Plan de Reequilibrio da Deputación de Pontevedra, que preside Carmela Silva, cun investimento de máis dun millón e medio de euros, foron inauguradas hai un ano e deseñadas polo arquitecto silledense Abraham Castro. De feito a actuación na Gandareira foi unha das 20 obras de toda España que estiveron presentes neste prestixioso certame. Na BIAU, organizada por Fomento, a obra realizada en Bandeira foi a única galega que chegou á final, e a única de España xunto co Museo do Clima de Lleida,