Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Premio á innovación educativa para o IES Manuel García Barros

Tres promocións de alumnos de latín e grego traballaron nun proxecto de romanización // ‘Dives Gallaecia’, coordinado por Álvaro P. Vilariño, incide na pervivencia latina

O IES Manuel García Barros da Estrada está de noraboa xa que un dos proxectos feitos no centro acadou o primeiro premio das boas prácticas en innovación educativa, convocado pola Consellería de Educación e Cultura correspondente ao periodo lectivo de 2012-2013, na súa modalidade C, o de uso innovador das tecnoloxías da información e da comunicación que introduzan cambios metodolóxicos. Baixo o lema xenérico Dives Gallaecia, o proxecto educativo incide na romanización de Galicia e na pervivencia do latín nos usos e costumes cotiás.

Según explicou onte a representante dos alumnos que formaron parte desta iniciativa, Patricia Calviño, o traballo é froito de tres anos de investigación e nel participaron tres promocións de alumnos (arredor de 50) de latín e grego do IES Manuel García Barros, coordinados polo profesor Álvaro P. Vilariño. O traballo contou coa colaboración dos docentes Marisa Otero e Miguel Bugallo.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

19 dic 2013 / 21:18
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito