Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 26 julio 2021
02:56
h
{ tribuna libre }

O Premio Nadal 2012

    ‘El temblor del héroe’, a novela de Álvaro Pombo gañadora do Premio Nadal 2012, unha peza narrativa que afonda nos mecanismos do engano e nas tráxicas consecuencias de pasar polo mundo escorregando encol da superficie da realidade sen comprometerse con nada, é unha nova proba de que a literatura é unha infinda cosmografía na que entra todo, se detrás da pluma que escribe, está esa "rara avis" que é Álvaro Pombo coa súa "poética do ben".

    Álvaro Pombo, filósofo incorrixible -esta novela é unha proba irrefutable-, defensor da liberdade e inventor de tramas que sabe encarreirar polas canles dun peculiar método literario bautizado por el mesmo como psicoloxía-ficción, cuxo primeiro postulado, abordado de xeito maxistral nesta novela, é a falta de sustancia.

    El temblor del héroe confirma a querenza do escritor por espreitar no interior dos universos humanos. Mais que ninguén se trabuque: non estamos fronte a unha novela comercial, de consumo rápido. Ás avesas, El temblor del héroe é unha peza complexa, densa, rebordante de reflexións e disquisicións filosóficas, tamén de citas en latín e noutros idiomas, pero non unha peza escura, nomeadamente a medida que avanza a lectura.

    confirma a querenza do escritor por espreitar no interior dos universos humanos. Mais que ninguén se trabuque: non estamos fronte a unha novela comercial, de consumo rápido. Ás avesas, é unha peza complexa, densa, rebordante de reflexións e disquisicións filosóficas, tamén de citas en latín e noutros idiomas, pero non unha peza escura, nomeadamente a medida que avanza a lectura.

    Pombo é un especialista en construír estruturas narrativas atravesadas pola cultura, por ideas, mesturando con habilidade e sabenza, reflexión, narración, descrición e diálogo, con presenza de personaxes complexos que o escritor explora nos seus máis agochados recunchos e sinuosidades.

    A novela fai comparecer ante o lector a un profesor universitario xubilado, invadido pola nostalxia dos días brillantes da pedagoxía nos que hipnotizaba os seus alumnos, estimulándoos para acadar una vida máis nobre e máis alta. Mais todo iso volatízase de súpeto. Dous dos seus antigos alumnos comparten porén a súa amizade, trabando entre os tres complexas relacións intelectuais e sentimentais.

    Nun momento determinado, entra na súa vida un rapaz xornalista que arrastra unha adolescencia torturada polas violacións dun pederasta, unha rémora vampiresca, que logra asemade inserirse na vida deste celebridade menor. É a partir deste intre cando reaparecen os fantasmas do pasado, á vez que os mecanismos do engano, a covardía e a falta de compromiso provocan un tráxico final nun ambiente de relacións homosexuais, amores líquidos e chaperos, con sentimentos de culpa e moitos abalos e flutuacións. Novela, xa que logo, con transfondo túrbido, perturbador, que se desenvolve nun vulgar tempo democrático, sen heroes e que tematiza ese insustancial escapulirse polo mundo, fuxindo de calquera compromiso cos demais.

    Crítico literario

    12 abr 2012 / 19:05
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito