Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 23 noviembre 2020
19:27
h

Preséntase en Santiago o libro ‘Vento e Chuvia’ de Manuel Gago e Cráneo

    Santiago. Hoxe mércores ás 20:00 horas a Igrexa da Universidade, na Praza da Universidade en Santiago de Compostela, acollerá a presentación do libro Vento e Chuvia de Manuel Gago e ilustrado por Manel Cráneo. No acto participarán Manuel Bragado (director de Xerais), Marco García Quintela (catedrático de Historia Antiga da Universidade de Santiago), Manel Cráneo (autor das ilustracións) e Manuel Gago (autor do texto). Logo dsa presentación, realizarase un espectáculo teatral baseado nos textos de Vento e Chuvia a cargo de cinco destacados actores e actrices de Galicia: Quico Cadaval, Belén Constenla, Soledad Felloza, Anabel Gago e Avelino González. Vento e Chuvia é, en palabras do editor Manuel Bragado "un proxecto editorial de edición estendida sobre a mitoloxía da antiga Gallaecia".

    30 oct 2013 / 00:00
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito