Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
para todos os públicos

Preto de 170 actividades complementan a oferta de Nadal nos centros socioculturais en Santiago

O obxectivo destas accións é por en valor costumes e tradicións asociadas ás festas do Nadal, favorecer a participación interxeracional en familia, e poñer en valor a importancia da conciencia social e da solidariedade nestes tempos

A programación de Nadal chega á Rede de Centros Socioculturais con preto de 170 actividades para todos os públicos. O obxectivo destas accións é por en valor costumes e tradicións asociadas ás festas do Nadal, favorecer a participación interxeracional en familia, e poñer en valor a importancia da conciencia social e da solidariedade nestes tempos.

Unha das actividades destacadas é o Agasallo viaxeiro. Un neno ou nena dun centro sociocultural poderá facer un sinxelo agasallo que chegará as mans dun neno ou nena doutro centro sociocultural. Será ao remate das vacacións de Nadal cando cada participante recibirá o seu agasallo.

O obxectivo desta actividade, obradoiro de dúas horas de duración dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos, é recuperar e fomentar o intercambio de agasallos dende unha perspectiva solidaria, ecolóxica e non consumista. Haberá un total de 38 obradoiros.

Espectáculos de Nadal
Tamén se programaron diversos espectáculos de Nadal, que darán comezo este xoves 10 de decembro, ás 18:30 horas, no CSC de Vite, coa actividade Un Nadal cheo de contos. O calendario inclúe teatro, música e danza dende o 10 de decembro ata o 19 de decembro.

Medrar en familia
Volven tamén neste Nadal os obradoiros Medrar en familia, que desta vez se celebrarán na Casa das Asociacións de Cornes. Teñen como finalidade que bebés e familias poidan aprender e xogar xuntos a través de catro talleres distintos: A que saben as cores (dúas sesións), As cores sobre nós, Máis que caricias e Aprender facendo: instrumentos musicais. Para poder participar é imprescindible estar apuntado. O prazo de inscrición abriuse o 1 de decembro e permanecerá aberto ata que se esgoten as prazas.

Solidariedade en Conxo
A praza Aurelio Aguirre, ao lado do CSC de Conxo, será o lugar escollido para o Mercado de Troco de Xogos e Xoguetes, que terá lugar este sábado, 12 de decembro, ás 11:30 horas. Os nenos e nenas poderán levar os xoguetes que xa non usen e trocalos por outros mediante un sistema de puntos. Precisarase inscrición previa para expoñer xogos e xoguetes.

Na mesma liña, o venres 18 de decembro, ás 18:00 horas, desenvolverase a poxa solidaria tamén en Conxo, onde nenos e nenas poxarán as súas creacións para recadar fondos destinados aos despachos de alimentos de Conxo.

Visitas dos paxes aos CSC, sesión de baile para maiores e moitas actividades máis completan unha programación que se pode consultar na web www.santiagosociocultural.org ou en calquera centro, onde tamén se poderá realizar a inscrición nas actividades que a precisen.

09 dic 2015 / 17:47
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito