Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Preto dunha vintena de participantes inician o Curso de Monitor de Tempo Libre

Un total de 16 mozas e mozos de entre 18 e 30 anos iniciaron o pasado sábado o Curso de Monitor de Tempo Libre, organizado polos Concellos de Boqueixón e Vedra. As sesións formativas desenvólvense nas instalacións do Centro de Interpretación do Pico Sacro e durarán ata o vindeiro mes de xuño.

Esta acción formativa prevé 200 horas de formación presencial, que se complementarán con 150 horas de prácticas en diversas entidades. Estas últimas realizaranse durante os meses de verán.

Este curso ten como obxectivo facilitar a incorporación da mocidade ao mercado laboral cunha formación específica. Co título de Monitor de Tempo Libre poderán participar no desenvolvemento de diversas accións de conciliación organizadas por diversas entidades.

08 abr 2019 / 12:08
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito