Entre princesas e dragóns
Agustín Fernández Paz en Zeralda e o dragón dálle lustre a unha das súas primeiras obras, O tesouro do dragón Smaug
Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947) púxolle o ramo ao 2012 coa reescrita de O tesouro do dragón Smaug, que en 1992 publicou na colección "A chalupa" de Galaxia e xa se traduciu ao aranés, catalán, castelán e éuscaro.
A súa versión anovada introdúcese no mercado editorial cun título máis cativador e sonoro, Zeralda e o dragón, que focaliza a atención sobre os seus personaxes centrais. A súa inclusión en "árbore/galaxia" fai que se adecúe ao deseño paratextual desta colección, conservando as ilustracións orixinais de Fran Jaraba (Pontevedra, 1957), que substitúen o seu antigo colorido por diferentes tonalidades dunha mesma gama cromática.
Zeralda e o dragón é unha mostra dese exercicio de reelaboración, ao que Fernández Paz está a someter as súas primeiras obras, o que o converte nun paradigma do "proceso de reelaboración textual" da Literatura galega. A través deste proceso, omite, incorpora e mesmo modifica certas compoñentes da súa diéxese, aínda que mantén a esencia das historias.
é unha mostra dese exercicio de reelaboración, ao que Fernández Paz está a someter as súas primeiras obras, o que o converte nun paradigma do "proceso de reelaboración textual" da Literatura galega. A través deste proceso, omite, incorpora e mesmo modifica certas compoñentes da súa diéxese, aínda que mantén a esencia das historias.
Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt