Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
ITINERANTES

Protagonismo da Vía da Prata a través de dúas exposicións sobre o Camiño

A Xunta de Galicia está a promocionar o Camiño a través da Vía da Prata con dúas exposicións itinerantes: De mar a mar. O Camiño de Santiago en 3D. Vía da Prata en Ourense e Via Iacobitana. Os Camiños de Santiago en Galicia en Zamora.

A cidade das Burgas acolle a primeira das mostras, unha selección de fotografías en tres dimensións con pezas de gran formato onde se presentan imaxes do patrimonio, paisaxes e peregrinos que percorren esta ruta ao seu paso por Galicia e que pode visitarse xa no centro cultural Marcos Valcárcel.

Andalucía é o punto de partida desta ruta que atravesa a península, percorrendo Estremadura e Castela e León, entrando en Galicia pola Mezquita.

É o trazado xacobeo de maior percorrido na comunidade (atravesa tres das catro provincias) e nela o peregrino pode contemplar un patrimonio etnográfico de excepción: a riqueza da provincia de Ourense, a comarca do Deza e a canle do río Ulla.

Zamora acolle tamén ata o 8 de decembro a segunda exposición, que recala na Fundación Rei Afonso Henriquez, con fotos de Luis Gabú, Tino Viz e Santi López.

11 nov 2019 / 21:04
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito