Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Pura e Dora Vázquez de Narración, para Ánxela Gracián

O xurado destaca da obra gañadora a súa transmisión de valores sociais

    Santiago. A escritora Ánxela Rodríguez Rodríguez (Lugo, 1968), coñecida polo pseudónimo de Ánxela Gracián, vén de gañar coa obra As historias da ogra Pinta (presentada baixo o lema A ogra pinta e as chulas), o XV premio de literatura infantil e xuvenil Pura e Dora Vázquez na modalidade de narración, dotado con 1.500 euros, que convoca a Deputación de Ourense.

    O xurado, que deu a coñecer a súa resolución onte trala reunión mantida no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense, sinalou que a obra galardoada "transmite valores sociais moi importantes, como é o de non ter prexuízos iniciais sen ter pleno coñecemento das cousas". Asemade, o xurado explicou que se trata "de pequenas historias de aventuras nas que se desenvolven as vidas de rapaces dunha pequena aldea galega, cun entorno natural fermoso e cheo de feitizos".

    O xurado dixo que na obra As historias da ogra Pinta "os personaxes que aparecen nela semellan ser malvados, pero ao final sempre teñen bondades". Ábrese agora o prazo para o XV Premio Pura e Dora Vázquez na modalidade de Ilustración polo que, os interesados en participar, poderán solicitar a obra premiada de narración a través do correo electrónico publicacions@depourense.es ou a través do teléfono 988 31 77 90.

    28 jun 2018 / 00:11
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito