Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Queixas polo lamentabe estado dos pantaláns de Portosín

Usuarios dos pantaláns de Portosín pertencentes a Portos de Galicia quéixanse polo lamentable e perigoso estado no que se atopan as súas instalacións

Usuarios dos pantaláns de Portosín pertencentes a Portos de Galicia quéixanse polo lamentable e perigoso estado no que se atopan as súas instalacións: táboas rotas, lamas laterais soltas ou desaparecidas, flotadores soltos sen carcasa protectora, torres de auga e luz caídos, pilotes sen cabezal... e un sinfín doutros pormenores que se poden intuír nas imaxes.

No entanto, manifestan que Portos cobra relixiosamente a cota aos seus usuarios, pero non cumpre coa súa obriga de manter o pantalán nas condicións adecuadas.

Afirman que “sería desexable que cando o presidente de Portos de Galicia vén a Portosín, lle botara unha ollada aos pantaláns dos que é responsable, para que se dera conta do deterioro que rexistran, e non limitarse a visitar as estupendas instalacións dun club privado como é o Club Náutico”.

29 sep 2016 / 21:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito