Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 12 mayo 2021
22:26
h

A RAG escolle a Manuel María para festexar as Letras Galegas de 2016

O prolífico poeta chairego impúxose na deliberación do plenario ás candidaturas de Xela Arias e Carvalho Calero//Alonso Montero sinala a "satisfacción, alegría e entusiasmo" da institución

O escritor chairego Manuel María será o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas en 2016, segundo anunciou onte a Real Academia Galega (RAG). O plenario da institución escolleu, desta volta, fronte ás outras dúas candidaturas, previamente anunciadas: Xela Arias e Ricardo Carvalho Calero. A primeira rolda de votaciones deixou eliminada a Xela Arias e na segunda impúxose "cunha ampla maioría" a figura do lucense, cuxa candidatura chegaba avalada por Margarita Ledo, Darío Xohán Cabana, Fina Casalderrey, Víctor Fernández Freixanes, Xosé Luís Regueira e Manuel Rivas.

O presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, comentou en rolda de prensa que nesta ocasión, como cada ano, foi necesario "escoller entre personalidades heteroxéneas, o que crea bastantes problemas", aínda que a Academia quedou "especialmente satisfeita, alegre e entusiasmada".

Manuel María "é un dos poetas máis cantados da literatura galega, quizais non tanto como Rosalía de Castro, pero si ao nivel de Curros Enríquez ou Celso Emilio Ferreiro" polo que espera que a súa elección teña "eficacia na sociedade galega". "Vai ser un triunfo para a Academia e vai ser un triunfo para a causa da normalización do galego", argumentou o presidente da Real Academia Galega.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

04 jul 2015 / 19:51
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito