Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 05 diciembre 2021
11:11
h

A RAG rende homenaxe á lusitana Elsa Gonçalves

Edítase un volume que recolle trinta estudos da profesora// Destaca na investigación dos cancioneiros galego-portugueses

A Real Academia Galega, da man da Facultade de Letras da Universidade de Lisboa (FLUL), presentou onte neste centro o libro que acaba de editar en homenaxe á profesora lusa Elsa Gonçalves, unha das figuras máis sobranceiras da lírica trobadoresca galego-portuguesa e doutora honoris causa pola devandita universidade. O ­volume xunta unha escolma de estudos da investigadora, que estivo arroupada no acto por colegas de distintos países.
Ao coidado do secretario da RAG, Henrique ­Monteagudo, e dos filólogos lusos João Dionísio e Maria Ana Ramos, De Roma ata Lixboa. Estudos sobre os cancioneiros galego-portugueses recolle trinta traballos sobre lírica medieval da investigadora publicados entre 1976 e 2016, entre eles varios sobre a poesía do rei Denis, Martin Codax ou a Tavola Colocciana. Na presentación do libro, editado en colaboración coa FLUL, interveu tamén en nome da RAG o seu presidente, Xesús Alonso ­Montero.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

20 ene 2017 / 19:11
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito