Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ramón Cabanillas xa ten a súa edición bilingüe en galego-xaponés

    Cambados.O libro Cantata a Ramón Cabanillas, presentado onte en Cambados, recolle poemas do autor cambadés, ilustracións e anotacións en xaponés para que os lectores do sol nacente poidan comprender globalmente os paisaxes descritos polo poeta.

    O volume conta coa introdución do académico e profesor Francisco Fernández Rei e cunha bibliografía de Cabanillas. O CD de audio ten textos interpretados por Miho Naga (soprano) e Rika Nishikawa (piano).

    O autor do libro, Takekazu Asaka é profesor de filoloxía románica en Toquio e visitou por primeira vez a nosa terra no ano 1989. En 1993 publicou unha gramática do galego moderno para xaponeses e en 2009, a tradución de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro a súa lingua natal. Con anterioridade tamén traducira ao xaponés os poemas galegos de Federico García Lorca, así como outros textos de Castelao, Eduardo Pondal, Emilia Pardo Bazán e Wenceslao Fernández Flórez, entre outros.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    06 ago 2014 / 20:52
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito