Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Ramón Piñeiro de ensaio, para Rafael Quintía Pereira

O antropólogo fíxose co galardón con ‘Mariña, de deusa a santa. A advocación de Santa Mariña na cristianización da Gallaecia’

O antropólogo e escritor vigués Rafael Quintía Pereira fíxose coa XVI edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, galardón que convocan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial Galaxia coa colaboración de Gas Natural Fenosa, pola obra Mariña, de deusa a santa. A advocación de Santa Mariña na cristianización da Gallaecia. O galardón está dotado con 3.000 euros e a publicación do traballo pola editorial Galaxia.


Así o deu a coñecer onte o xurado no seu ditame, no que destacou “a prosa áxil e fluída na que está escrito o texto” e mais “a inserción do ensaio nunha tradición que chanta as súas raíces no traballo do Seminario de Estudos Galegos”. Integrárono nesta ocasión Luís Alonso Girgado, Carlos Lema, Marilar Aleixandre, Uxío Labarta Fernández e Inma López Silva, quen elixiron a peza por maioría e quixeron deixar constancia da calidade dos seis orixinais que concorreron a esta edición e da variedade de temas tratados neles.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

30 dic 2016 / 20:26
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito