Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Red Dead Redemption 2 chegará a PC e Stadia en novembro

O grande éxito de Rockstar Games será un dos títulos de lanzamento de Google Stadia

O último éxito de Rockstar Games, Red Dead Redemption 2, chegou hai un ano a consolas de videoxogos, deixando aos usuarios de equipos informáticos na espera deste grande título, pero finalmente confírmase o lanzamento do xogo para PC o vindeiro 5 de novembro, abríndose a reserva a través do novo lanzador de Rockstar Games a partires do 9 de outubro, plataforma que premiará as reservas con bonificacións especiais.
A versión para PC de Red Dead Redemption 2 supón a estrea da saga en ordenadores persoais e incluirá varias melloras gráficas e técnicas, novas misións de cazarrecompensas, asaltos a goridas e armas, entre outros contidos. Tampouco esquece achegar acceso ao mundo multixogador Red Dead Online, con todas as melloras e actualizacións que foi recibindo en consolas.
Durante o período de reserva do xogo o lanzador de Rockstar Games ofrecerá de balde 2 dos xogos para PC a elixir entre GTA 3, GTA: Vice City, GTA: San Andreas, Bully, L.A. Noire e Max Payne 3.
Pero a tenda en liña de Rockstar non será a única canle para facerse con Red Dead Redemption 2, que tamén estará dispoñible na tenda dixital de Epic Games, na de Humble Bundle e outras plataformas. No caso de Steam o xogo non estará dispoñible até decembro. Pero o máis salientable para moitos será que Red Dead Redemption 2 será un dos xogos dispoñibles en novembro para o lanzamento de Google Stadia.

05 oct 2019 / 01:38
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito