Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
{ a pousada no camiño}

Refundando a MNG

    Hai 25 anos un fato de mozos e rapazas que afirmabamos a identidade nacional de Galicia como principio reitor da nosa acción política fundamos as Mocidades Nacionalistas Galegas (MNG), primeiro como organización xuvenil de Coalición Galega(CG), despois como organización independente, malia que vencellada por un acordo de cooperación estábel ao PNG-PG. Os nosos referentes políticos eran Xosé R. Peña e, nomeadamente, Pablo González Mariñas. Velaí fican na lembranza os seus secretarios xerais (Anabel González e, despois, Xabier Rodríguez) e os compañeiros Antón Veiga, Lola Monteagudo, Moncho Munín, Mª Xosé Cabaleiro, Tereixa Lorenzo, Emilio Santos, Moncho del Valle, Moncho Basanta, Alberte Meixide, XM Núñez Seixas e moitos outros, xunto cos compañeiros da organización irmá, as Mocidades Galeguistas, nas que sobranceaban Alvaro López Mira, Xosé Antón Villar Piñón, Xabier Ferreira ou Sebas R. Outeda.

    O sábado vindeiro celebra o seu Congreso Constituínte a nova Mocidade Nacionalista Galega, que partillará a casa común do nacionalismo como organización xuvenil de +G. Dende a xeración mellor preparada da historia de Galicia nace-renace-unha formulación política que compatibiliza esa afirmación da identidade nacional cunha modernidade de estilo e mensaxe fondamente comprometida cos problemas das persoas. Que une a apertura social coa política transformadora. Que pensa en global en clave europea e actúa localmente, en clave galega.

    Anoten estes nomes dos fundadores da MNG: Paulo Carlos López, Inhigo Ansotegui, Pablo Belay, Balbina Gándara ou Estevo Sánchez, porque van dar moito xogo nos vindeiros anos. E van traer á política galega ideas modernas e anovadoras, xunto cun xorne radicalmente demócrata que integra modos e maneiras máis horizontais e transversais. Deles será o futuro do nacionalismo do século XXI. Un nacionalismo que será integrador, transformador e europeo ou non será.

    11 nov 2010 / 23:13
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito