Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 05 febrero 2023
01:00
h

Regresan as brigadas deseucaliptizadoras a Froxán onde rematarán o ano cunha xornada

    Lousame. As brigadas deseucaliptizadoras de Verdegaia concluirán o ano cunha última xornada de eliminación de especies exóticas invasoras na área conservada pola comunidade local de Froxán, en Lousame, recoñecida como ICCA polo programa das Nacións Unidas para o Ambiente. A actuación está prevista para este domingo, 29 de diciembre.

    Segundo sinalaron dende o colectivo, na roga utilizarán machadas, motoserras e desbrozadoras para eliminar eucalipto, mimosa e acacia bastarda, e preparar o terreo para a súa restauración con especies de bosque nativo.

    Os interesados que queiran participar nesta acción necesitan estar inscritos como brigadista no proxecto, poden atopar información na súa páxina web, ademais de indicar o compromiso expreso de acudir a esta convocatoria mediante un correo electrónico a brigadas@verdegaia.org. O prazo para apuntarse remata hoxe.

    Destacar que o punto de encontro nesta ocasión será ao pé do antigo edificio de compresores das Minas de San Finx ás 9.30 horas. De seguido comezarán os traballos colectivos no monte e, ao finalizar, Verdegaia premiará aos asistentes cun xantar.

    26 dic 2019 / 20:44
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito