Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Reigosa descobre a 'avoa galega' de García Márquez

O escritor galego achégase no seu novo libro á familia do premio Nobel de Literatura

Gabriel García Márquez escribiu que "a memoria do corazón elimina os malos recordos e magnifica os bos, e grazas a este artificio, logramos sobrelevar o pasado". Pero quizais, ás veces, é mellor darlle á imaxinación todo o espazo que queira para espallarse, e sentir coma noso un pasado que nos tivese gustado posuír.

Entre todos eses libros cheos de historias dos máis referentes autores, Carlos Reigosa comeza a achegarnos un pouco do seu novo libro, A Galicia máxica de García Márquez, no Consello da Cultura Galega. Unha visión diferente e nunca contada dun dos maiores referentes da literatura latinoamericana, Gabriel García Márquez.

Así, na presentación de onte asegurou que o libro trátase dunha mestura entre literatura e xornalismo co que pretendeu crear un suspense narrativo basado en datos reais. "É unha historia real contada cunha estratexia difícil, un retrato de Márquez dende unha perspectiva literaria".

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

14 ago 2013 / 22:06
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito