Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

OS REIS MAGOS BUSCAN AXUDANTES PARA O REPARTO DE AGASALLOS ENTRE OS NENOS DE VALGA

Para exercer de paxes reais durante a Cabalgata hai que anotarse no Concello antes do día 1 de xaneiro // As Maxestades de Oriente recibirán a todos os rapaces no Belén Artesanal

    Os Reis Magos xa están preparando a súa próxima visita a Valga. Como é habitual, o día 5 de xaneiro estarán acompañando aos nenos valgueses nas horas previas á noite máis máxica do ano e, para que ningún rapaz quede sen agasallo, precisan de axudantes que lles boten unha man.

    É necesario incrementar o número de paxes e de colaboradores que formen parte da comitiva real que acompañará ás Súas Maxestades durante a súa estancia no municipio, en concreto para o seu desprazamento dende o Auditorio Municipal ata o Belén Artesanal, onde saudarán e recibirán a todos os nenos valgueses que, ademais, recibirán un agasallo de Melchor, Gaspar e Baltasar.

    Quenes queiran formar parte deste desfile real e vivir unha tarde chea de maxia e ilusión xunto ás Maxestades de Oriente deben anotarse na Casa do Concello antes do día 1 de xaneiro.

    11 dic 2019 / 00:16
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito