Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O relevo da Rosalía de Castro prosista, a debate en Santiago

Un relatorio de Darío Villanueva abriu onte o simposio do grupo de estudos da USC

Cando faltan poucos meses para que se cumpran os 150 anos da publicación de Cantares Gallegos, o Grupo de Investigación Rosalía de Castro quixo chamar a atención sobre os aspectos menos coñecidos e divulgados da obra da escritora galega. Con este obxectivo, este luns 22 desenvolveu o I Simposio Internacional sobre a obra de Rosalía de Castro A Weapon in the Mud (Unha arma no barro), un encontro científico dedicado á difusión e avance do coñecemento sobre a prosa da autora. O Simposio constituiu, asemade, unha actividade de intercambio científico entre o Grupo de Investigación Rosalía de Castro –que presentará publicamente os seus primeiros resultados- e destacados rosalianistas como o catedrático en estudos hispánicos e latinoamericanos na Universidade de Bristol, Andrew Ginger; a catedrática en estudos hispánicos na Universidade de Nottingham, Catherine Davies; e a catedrática en lingua e literaturas hispánicas en Stony Brook University, Lou Charnon-Deutsch.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

 

22 oct 2012 / 19:40
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito