Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 01 junio 2020
17:26
h

Remata o campamento infantil no que participaron 80 nenos de Boqueixón e Vedra

    Boqueixón. Despois dunha intensa semana, os oitenta cativos que participaron nos campamentos de Boqueixón e Vedra regresaron as súas casas o pasado luns. Esta actividade de verán tivo lugar nas instalacións do Camping Cachadelos, en Sanxenxo, e desenvolveuse entre o 24 de xuño e o 1 de xullo. Todos os pequenos que asistiron tiveron a oportunidade de gozar de distintos tipos de propostas de lecer. Entre elas, practicaron modalidades acuáticas como body board, padel surf, kayak ou snorkel.

    Esta actividade infantil inclúese nas propostas da Acción de Verán, organizada polos Concellos de Boqueixón e Vedra. A seguinte iniciativa desenvolverase entre os vindeiros 5 e 12 de xullo, co campamento xuvenil, que tamén se desenvolverá nas insta-lacións do Camping Cachadelos.

    Por certo que o pasado luns arrancou o campamento Recreando, no marco tamén de Acción de Verán. Desenvolverase ata o día 8 no albergue La Florida, en Alacante. Os participantes desfrutarán de varias visitas guiadas a puntos de interese turístico e dunha xornada no parque de atraccións Terra Mítica, entre outras moitas.

    04 jul 2019 / 00:00
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito