Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 23 mayo 2020
02:59
h

Remata a humanización da rúa de Lugo, en Ribeira

Milleiros de fieis ateigaron a travesía da Pobra na procesión das mortaxas // Hoxe pechará a festa a Panorama

    A falla dos últimos axustes, a empresa Xestión Ambiental de Contratas. acaba de concluír as obras de humanización da céntrica rúa de Lugo, en Ribeira, entre a Praza do Concello e a vía Colón. Conta xa cunha plataforma única que serve para mellorar a accesibilidade na zona de actuación. A tal efecto, o aglomerado da calzada foi substituído por un pavimento de formigón semipulido intercalado con franxas transversais formadas por lousas de granito. Están pendentes algúns detalles, como por exemplo a colocación de árbores ornamentais. A empresa adxudicataria inicia agora os traballos de semipeonalización na rúa Rosalía de Castro, na que desemboca a anterior. Ambas actuacións contan cun investimento de 163.298 euros, IVE incluído.

    16 sep 2019 / 00:00
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito