Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Rematan o Camiño máis dun cento de ordenses

ORDES Un grupo composto por 130 veciños de Ordes veñen de chegar a Compostela, tras estar facendo nos últimos meses distintos tramos do Camiño Portugués pola costa. Finalizaron a aventura o pasado sábado e como manda a tradición, ao mediodía escoitaron a misa do peregrino, iso sí, fixérono na igrexa de San Francisco debido as obras que se están a realizar na nave catedralicia. Para celebrar o final da experiencia, regresaron a Ordes onde desfrutaron dunha comida. A primeira etapa arrancou o pasado setembro de 2018 dende A Guardia ata Oia. As seguintes foron Oia-Baiona, Baiona-Vigo, Vigo-Redondela, de Redondela a Pontevedra, Pontevedra-Caldas de Reis, Caldas de Reis-Padrón e finalmente Padrón-Santiago. Realizaron unha ao mes.

08 abr 2019 / 21:52
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito